33,25€ 35,00€ 33,25€ -5%
Haz el pedido en
08 h
18 m
para recibirlo el Vie. 06 Nov.

Información del producto

  • Nivel de dificultad: Intermedio
  • Referencia: DOA75
  • Categoría: GAITA
  • Fabricado por: DOS ACORDES
  • Envío: 1 días
  • Entrega estimada: 06/11/2026
  • 1 Unidad en stock

  • Envío a domicilio 0,00€

Envío gratis en pedidos superiores a 15€

Whatsapp Email Twitter
Descripción
Pel & madeira, vol. 2 (edición rústica)
Xesús Vaamonde, Xosé Lois Romero
Este libro de partituras recolle 30 pezas populares arranxadas para dúas gaitas, tambor e bombo. Inclúe dous discos de son coa gravación de todos os temas interpretados polos propios autores. En cada un dos CD, identificados como GAITA e PERCUSIÓN, o oínte poderá escoitar separadamente no estéreo cada un dos instrumentos que conforman o cuarteto tradicional. Deste xeito, virando o selector do balance cara á canle dereita ou á esquerda, poderemos anular a escoita do instrumento que queiramos e substituílo pola nosa propia interpretación ao vivo como parte integrante dun cuarteto virtual .
Considerando a convivencia dos dous sistemas de escrita actual, do e re, e tendo en conta a elección do de do para o primeiro volume da serie, consideramos oportuno optar pola escrita en re para o guión deste segundo.
Porén, incluímos dentro desta carpeta os caderniños en papel coas partes independentes de cada membro do cuarteto que faciliten a interpretación, coas gaitas en escrita Re; ademais, aportamos un CD-Rom con todas as partes en arquivos PDF e en ambas escritas.
Neste segundo volume da colección Pel e Madeira os autores continúan afondando no repertorio tradicional galego, partindo da idea xa presentada no volumen primeiro. Dous libros imprescindibles para gaiteiros, sexan estudantes, mestres ou intérpretes avanzados, así como para calquera persoa amante da nosa música patrimonial.
A edición rústica contén: libro de partItura xeral para cuarteto (escrita en re), 2 cd de son (gaita e percusión)
e 1 cd-rom coas partes instrumentais en pdf (do e re).

Productos recomendados

Bruno Villamor Gay -  caderno 15: Temperando. Iniciación. Volume I. (Version RE)

Javier María López Rodríguez -  Caderno 7: Carmina Utricularis. Fantasía para Gaita e orquestra

Henrique Otero -  Caderno de Gaita 25: Obra completa de Henrique Otero. RE

Manuel Alejandre Prada -  Fantasía Dórica, op. 66: Para gaita y piano

Top
Menu 0,00€
Mi cesta (0 artículos)