11,39€ 11,99€ 11,39€ -5%
Haz el pedido en
16 h
06 m
para recibirlo el Jue. 14 May.

Información del producto

  • Referencia: DOA100
  • Categoría: GUITARRA
  • Fabricado por: DOS ACORDES
  • Envío: 1 días
  • Entrega estimada: 14/05/2026
  • 1 Unidad en stock

  • Envío a domicilio 3,00€

Envío gratis en pedidos superiores a 15

Whatsapp Email Twitter
Descripción
Oia: Para tenor e guitarra
Gloria Rodríguez Gil
Oia é unha peza composta entre finais do ano 2013 e febreiro de 2014. Nace a raíz dun proxecto de concerto para tenor e guitarra, que finalmente non se puido celebrar. Foi así como a compositora realiza unha versión para tenor e piano con clarinete opcional, para ser estreada neste novo formato na igrexa do mosteiro de Oia o 14 de Xuño de 2014 dentro do concerto â I sons do mosteiroâ  organizado pola asociación ACAMO. A interpretación correu a cargo do tenor José Antonio Campo, o pianista Severino Ortiz e o clarinetista Uxío Pazos. Dende aquí doulles as grazas pola súa sentida estrea.
A dixitación foi revisada por Yago A. Reigosa, e a parte do tenor por José Antonio Campo, para quen se adaptou lixeiramente a liña de voz orixinal.
No ano 2015 o tenor Enrique A. Martínez contacta coa compositora para gravar Oia na súa versión orixinal, para que forme parte do disco posteriormente chamado Illa de nós. O título foi tomado dun dos haikus do poeta Román Raña aos que Gloria R.G. puxo música e que tamén
forman parte deste disco, subvencionado por tres institucións galegas para recoñecer o esforzo dos estudantes dos Conservatorios Superiores de Música de Galiza, neste caso o Primeiro Premio á excelencia musical que obtivo o tenor Enrique en 2015. A gravación da parte de guitarra foi levada a cabo polo guitarrista Antón Galovart Araguas, a gravación da peza ten unha duración total de 6 minutos e 12 segundos e a día de hoxe non foi estreada publicamente.
Por que Oia? Porque en Oia é onde vive a compositora desde hai máis de 20 anos, terra da cal está namorada. A autoría do texto permanece no anonimato respectando o desexo do seu autor, texto dunha gran riqueza expresiva, situándose en cada un dos puntos cardinais para describir dende eles a estampa que esta paraxe sen igual agasalla, cunha luz e un mar diferentes cada día.
N.º de páginas
20

Productos recomendados

G. F.Händel .- Suite No.7 En Sol Menor (Guitarra)

GINASTERA A. - MILONGA - 2

GINASTERA A. - MILONGA - 2

2,09€ 2,20€ 2,09€ -5%

VILLARD F. - PIEZAS PARA GUITARRA (3)

VILLARD F. - PIEZAS PARA GUITARRA (3)

8,81€ 9,27€ 8,81€ -5%

CARLEVARO A. - MICROESTUDIOS V.2 (6-10) -(GUIT)

Top
Menu 0,00€
Mi cesta (0 artículos)